O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará o VI Plan de igualdade municipal

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 30 na sesión ordinaria do mes de outubro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

O goberno municipal somete o VI Plan de Igualdade que será de aplicación entre 2019 e 2023 a consideración da corporación municipal. Trátase dunha ferramenta que debe implicar a todas e todos para traballar na igualdade efectiva das mulleres e na erradicación da violencia machista. Un dos obxectivos do documento é traballar na implantación da transversalidade de xénero, é dicir, introducir a perspectiva de igualdade de xénero en todos os niveis e fases de todas as políticas públicas municipais. 

A orde do día completa é a seguinte: 

  1. Aprobación da acta da sesión do 19.09.19
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 740/19 á 841/19). 
  3. Dación de conta do informe do cumprimento dos prazos das operacións comerciais, 3º trimestre 2019. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do IV Plan de igualdade e de prevención da violencia de xénero. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de recoñecemento da compatibilidade ao policía local do Concello de Teo D. Jesús Manuel Fernández Caamaño. 
  6. Mocións. 
  7. Rogos e preguntas. 


 

casa do concello