O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O outubro teatral trae dezaseis actividades a diversos escenarios

| compartir:

Outubro vai ser un mes con moito teatro en Teo. A Concellaría de Cultura programa o Outubro
Teatral con dezaseis representacións e actividades ao longo de todo o mes e en diferentes
escenarios do municipio, co propósito de incentivar a participación e chegar á maior cantidade posible de público.

Nesta cita, xa moi asentada na programación cultural do Concello, procurouse contar con obras axeitadas para todos os segmentos de idade. Por iso hai propostas para varios tramos da infancia, incluso para bebés de ata tres anos, e tamén outras funcións específicas para o público adulto.

A incidencia do Outubro Teatral entre as persoas menores intentará ser elevada, posto que se programaron funcións escolares no IES de Cacheiras e no Auditorio Constante Liste. A estes escenarios súmanse outros espazos como a Mediateca do Grilo ou a Biblioteca dos Tilos con espectáculos que adoitaron situarse en fin de semana para facilitar todo o posible a asistencia.

En canto aos formatos, a variedade tamén caracteriza o Outubro Teatral de 2019, dado que incorpora contacontos, música, teatro convencional e innovador, humor, terror. O Departamento de Cultura anima a participar neste programa, encamiñado tanto a ampliar o coñecemento das artes escénicas por parte da poboación como a ofertar entretemento para o tempo de lecer.

Podes ver a programación completa do outubro teatral premendo aquí

Clubs de lectura

As bibliotecas municipais do Grilo (Cacheiras) e dos Tilos organizan clubs de lectura abertos á participación de todas as persoas que queiran compartir a experiencia e as impresións sobre unha obra con outras persoas afeccionadas á lectura.

Como funcionan?

Cada biblioteca adquirirá un número suficiente de exemplares do mesmo título para que cada persoa poida dispoñer do seu durante o tempo necesario. Cada participante vai lendo ao seu ritmo na casa e de maneira periódica hai reunións para comentar o que se leva lido desde o encontro previo. Unha persoa modera as xuntanzas a modo de debate desenfadado para centrar o debate e estimular a intervención de todo o grupo. Formar parte dun club de lectura favorece combinar unha lectura persoal e privada coa posibilidade de compartir a lectura con outras persoas. As opinións de todas elas enriquecen as impresións individuais e o apoio do grupo serve de gran axuda para enfrontarse a obras que resulten moi esixentes.
 

Onde inscribirse?

As anotacións poden efectuarse nos mostradores das bibliotecas ou remitindo unha mensaxe aos enderezos
de correo electrónicos mediateca@teo.gal para a biblioteca de Cacheiras ou bibliotecatilos@teo.gal para a axencia de lectura dos Tilos.

butacas

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
outubroteatral.jpg 6.32 MB