O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello condena o acto de vandalismo levado a cabo esta noite nos baños da área recreativa do Xirimbao, onde romperon a porta e destrozaron a pechadura. Os feitos xa foron notificados á Policía Local para que tomen as medidas oportunas.
Desde o Goberno local non se vai tolerar este tipo de accións, pois as infraestruturas públicas son para o uso e desfrute de toda a veciñanza. Xa foron varios os actos de vandalismo perpetrados no Concello nos últimos tempos e non se pode consentir que por mor da irresponsabilidade duns paguen o resto.
Desde o Concello faise un novo chamamento á responsabilidade e ao respecto polos bens públicos do municipio.