O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello coloca en Montouto unha das placas que recoñece a Teo como cidade amiga da infancia

| compartir:

O Foro de Participación da Infancia e Adolescencia de Teo (Fopia) convida á veciñanza a asistir ao acto de colocación da placa "Teo, cidade amiga da infancia", que se celebra o mércores 29 de maio ás 18:00 horas no parque de Montouto. Esta actividade está organizada e deseñada pola rapazada que forma parte do Fopia en colaboración co persoal técnico do Concello, do Departamento de Benestar.

Teo conta co recoñecemento de Cidade amiga da infancia que outorga Unicef dende o mes de outubro pasado. Durante o ano pasado realizouse unha labor de análise das demandas e necesidades deste colectivo, para a continuación comezar a traballar da súa man e poder realizar proxectos como a campaña de seguridade viariaque se lanzou o verán pasado.

Unicef valora que a estratexia de traballo coa infancia das entidades recoñecidas atenda aos seguintes obxectivos:

  1. Cada neno e nena é valorado, respetado e tratado xustamente dentro da súa comunidade.
  2. As voces, necesidades e prioridades de cada neno e nena escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afectan.
  3. Todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade.
  4. Todos os nenos e nenas viven en entornos seguros e limpos.
  5. Todos os nenos e nenas teñen a oportunidade de desfrutar da vida familiar, o xogo e o ocio.

Por iso a colocación da placa que lembra que Teo debe ser unha cidade amigable coa infancia non é casual. Instálase en Montouto, preto dunha área de xogo e esparcemento e nunha das zonas do Concello con máis infancia e adolescencia. Ademais tamén é un espazo residencial con moita poboación.

Programa cidade amigas da infancia

O programa Cidade amigas da infancia, que lidera Unicef Comité Español dende o ano 2002, en alianza co Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social; Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Instituto Universitario de Necesidades de Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA), busca contribuír a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.

unicef