O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo celebra as Letras Galegas e homenaxea a Fraguas

| compartir:

O Concello de Teo celebra o Día das Letras Galegas do 2019 lembrando a figura de Antonio Fraguas centrándose sobre todo nos escolares.

O historiador e xeógrafo Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Ademais, cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento.

Foi profesor auxiliar de Xeografía e Historia na USC e en 1933 conseguía a cátedra no instituto da Estrada. Compaxinou a ensinanza coa investigación e escribiu sobre xeografía e arqueoloxía, pero no campo no que máis sobresaíu foi no estudo da cultura espiritual campesiña.

Así, o Concello de Teo baseouse nun estudo seu sobre os xogos infantís para realizar o agasallo institucional co que, como nos últimos anos, obsequiou ao alumnado dos centros de ensino públicos municipais na semana das Letras Galegas. O agasallo elixido foi un bailarete de madeira que ten serigrafiado o logo do Concello de Teo.

 

 

letras galegas