O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O censo electoral poderase consultar entre o 8 e o 15 de abril

| compartir:

Diante da convocatoria das eleccións locais e europeas, que se celebrarán o 26 de maio, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre os días 8 e o 15 de abril. Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a reclamacións se é preciso. Esta consulta tamén poderá facerse a través dos seguintes teléfonos: 981 217 439// 981 217 426// 901 101 900 ou entrando na páxina web do INE, con certificado dixital ou DNI electrónico.

Esta consulta dos datos do censo é de especial interese para as persoas que fixeron recentemente os 18 anos e poden votar por primeira vez. A consulta debe facela a persoa interesada identificándose co DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

En caso de ter que realizar unha reclamación no Concello disponse do impreso oficial para realizala. As reclamacións deben estar asinadas e acompañadas dunha fotocopia dun documento de identificación da persoa reclamante.

urnas