O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Rarís abre o entroido dos xenerais en Teo

| compartir:

A parroquia de Rarís abre este domingo 17 de febreiro o entroido dos xenerais en Teo. Despois dela celebraranse en Reis os días 23 e 24, en Santa María de Teo o 2 de marzo e en Vilariño o 3 de marzo.

Este domingo ao redor de 100 persoas de Rarís sairán entre coro de mozos e vellos, carrozas e persoas a cabalo para pasar polos diferentes lugares da parroquia dende as 09:00 horas. A cabalo irán dous correos e oito xenerais que pecharán unha xornada festiva co tradicional atranque no campo da festa a última hora da tarde. As coordenadas GPS do campo da festa son as seguintes: 42º 46' 51.28" / 8º 33' 48"

A comitiva festiva fará o seguinte percorrido: sairán da Casa Común de Rarís e pasarán por Rialdomato, Buela, Vilela, zona da igrexa de Rarís, Fornelos (neste punto comerán), Bouñou, Sestelo, Rarís, Florida, Casal de Reis para volver á Casa Común de Rarís.

Máis información sobre o entroido dos xenerais da Ulla premendo aquí

 

Xenerais