O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo participa na creación do proxecto Galego empresas

| compartir:

Teo participa, xunto con Santiago e Ames no proxecto #Galegoempresas, un directorio de empresas radicadas nos tres municipios que ofrecen produtos e servizos en galego. O obxectivo é "poñer en valor aqueles negocios nos que a nosa lingua adquire visibilidade, e facer un recoñecemento á calidade na atención por parte destes negocios", apuntou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na presentación da iniciativa.

Na presentación deste proxecto en Compostela participou a concelleira de Cultura, Pilar Faxil, ademais de representantes políticos de Santiago e Ames e persoal da empresa que desenvolve o proxecto, Ágora Aberta.

O directorio permitirá coñecer de maneira rápida e práctica a oferta de empresas que funcionan en galego, dándolle unha maior visibilidade, ao tempo que facilitará a planificación de accións dirixidas ao sector socioeconómico en materia de lingua.

Pilar Faxil animou ás empresas de Teo a entrar na ferramenta e unirse a ela para deste xeito facilitar a súa búsqueda por parte da cidadanía consciente que busca unha oferta comercial sensible coa nosa lingua. 

O proxecto #Galegoempresas foi desenvolvido pola empresa Ágora Aberta. Óscar Maceiras, representante da firma, explicou que para a elaboración do directorio realizáronse moitas tarefas previas, que pasaron por ponderar os indicadores de uso lingüístico nas empresas para avaliar a súa relevancia na configuración da imaxe da compañía e na súa relación coa cidadanía; por deseñar o protocolo de aplicación do cuestionario co que se obteñen os datos para construír os indicadores das diferentes empresas; e por crear finalmente a ferramenta informática para incluír os datos das empresas, validados e publicados de xeito atractivo e útil.

Maceiras tamén salientou que o directorio "permite que as persoas usuarias fagan a valoración da atención que prestan as empresas, oral, escrita e telefónica", e que pón a disposición das empresas unha serie de ferramentas e recursos para que "melloren no uso do galego e saiban as convocatorias que teñen en marcha as administracións para premiar o compromiso coa lingua".

Para entrar na ferramenta web Galego empresas preme aquí

galegoempresas