O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará a adhesión á iniciativa Concellos Doing Business Galicia

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 29 de xaneiro en sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas.

Na sesión debaterase a adhesión por parte do Concello ao protocolo impulsado pola Xunta e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa Concellos Doing Business Galicia. Ademais de amosar a intención de sumarse na proposta inclúense bonificacións na ordenanza do IBI, no IAE e na do ICIO  sempre vinculadas á creación de emprego.

A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación das actas das sesións de 28.11.18 e 18.12.18.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 1041/18 á 41/19).
  3. Ditame da proposta da alcaldía de manifestación de interese do Concello de Teo na adhesión ao protocolo de actuación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa "Concellos Doing Business Galicia".
  4. Mocións.
  5. Rogos e preguntas.
casa do Concello