O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio de levantamento de actas previas do proxecto a AG 59 entre Ramallosa e Pontevea

| compartir:

O Concello vén de recibir un anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas sobre o proxecto de construción da autovía AG-59, no treito A Ramallosa-enlace AC 241. O anuncio é referente ao levantamenteo de actas previas á ocupación dos bens ou dereitos afectados en Teo por expropiación forzosa urxente, necesaria para dispor dos terreos que han de ocupar as citadas obras de construción da Autovía dende A Ramallosa a Pontevea.

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por medio dunha resolución do 24 de setembro de 2018, sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas obras: Proxecto de construción de autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC 241, de clave GA/08/022.01.1.

A relación de bens afectados pódese consultar nas oficinas municipais de Urbanismo e premendo aquí

A Axencia Galega de Infraestruturas convoca aos titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no Concello ou premendo aquí, para que comparezan na Casa Común de Cacheiras (Travesía de Cacheiras número 38) na data e hora que se detalla a continuación:

Data: 20 de novembro de 2018, das dez horas ata as trece horas trinta minutos, dende o A ata Carreira Liñeiras, María Rosa.

Data: 21 de novembro de 2018, das dez horas ata as trece horas trinta minutos, dende Castro Barca, Eladia ata Gómez Mata, Jesús Manuel.

Data: 22 de novembro de 2018, das dez horas ata as trece horas trinta minutos, dende González Concheiro, José ata Naveira Pequeno, Jesús.

Data: 23 de novembro de 2018, das dez horas ata as trece horas trinta minutos, dende Neira Estévez, Carmen ata Riveiro Duro, María Obdulia.

Data: 26 de novembro de 2018, das dez horas ata as trece horas trinta minutos, dende Riveiro Mallo, José Luis, ata Suárez Vilas, Gloria.

Data: 27 de novembro de 2018, das dez horas ata as trece horas trinta minutos, dende Tarrío Iglesias, Carmen ata a Z.

O plano do proxecto pódese consultar nas oficinas de Urbanismo do Concello ou premendo aquí