O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará a aprobación definitiva da memoria sobre a viabilidade da xestión directa das escolas infantís municipais

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 22 de agosto nunha sesión extraordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 09:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

O único punto da orde do día do Pleno será a Proposta da alcaldía de aprobación definitiva da memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa e estudo de custos e subrogación dos traballadores e traballadoras.

A orde do día ten, polo tanto, o único punto:

  1. Proposta da alcaldía de aprobación definitiva da memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo de escolas infantís municipais e estudo de custos e subrogación dos traballadores.
EIM