O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo programa actividades de divulgación do patrimonito arqueolóxico e a astronomía

| compartir:

O Concello organizou para a fin de semana do 10 ao 12 de agosto diferentes actividades para pór en valor o patrimonio arqueolóxico e mellorar tamén o noso coñecemento astronómico.

O venres 10 de agosto farase unha obradoiro de astronomía cultural e física dende o petróglifo da Pena Bicuda. Farase a simple vista ademais de contar tamén con prismáticos e telescopios e preténdese facer unha observación astronómica en relación co patrimonio arqueolóxico. O punto de encontro dos/as participantes será a carballeira da igrexa de Luou ás 22:00 horas (coordenadas GPS: WGS84: 42º 48´11"N/ 8º 35´03" W). A duración da actividade é de entre dúas e tres horas e recoméndase roupa axeitada e algo de para sentarse no chan.

O sábado 11 ás 22:00 horas realízase a V andaina nocturna polos petróglifos teenses, actividade en colaboración co colectivo A Rula. Será unha ruta circular de cinco quilómetros dende Mouromorto, pasando por Cornide e Regoufe. O punto de encontro será a capela de Cornide (coordenadas GPS N42º 48.378´ W8º 36.060´)

O obradoiro do venres 10 e a andaina do sábado 11 son de balde pero teñen aforo limitado. Para participar hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello, 981.815.700 ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal. Nese correo electrónico hai que indicar o nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto das persoas que queren participar. Estes datos son necesarios para tramitar o seguro correspondente para a actividade.

Observación das perséidas

Por outra banda péchase a fin de semana con outro observación astronómica, neste caso a das perséidas o domingo 12 de agosto ás 22:00 horas dende o monte da Agrela en Lampai. Esta actividade forma parte do programa de divulgación astronómica TodoCosmos no que o Concello de Teo participa dende hai anos. Para asistir a esta observación non é preciso anotarse sendo suficiente estar no lugar da actividade á hora do comezo.

Outras citas en setembro

No mes de setembro volven a programarse outras actividades coma as desta fin de semana de agosto. O 7 de setembro ás 21:30 horas nova observación do ceo nocturno en relación co patrimonio arqueolóxico con saída dende a carballeira da igrexa de Luou. E o 8 celébrase outra andaina nocturna polos petróglifos teenses, neste caso para coñecer o Monte Piquiño. Sairase ás 21:30 horas dende a carballeira da igrexa de Luou.

O xeito de anotarse é o mesmo, chamando ao teléfono do Concello, 981.815.700, ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal indicando os datos.

 

pena bicuda

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
A3-Estrelas-2018.jpg 3.62 MB
Petros2018Teo.jpg 3.33 MB