O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo será beneficiario do Plan de Banda Larga 2020

| compartir:

O Concello de Teo será un dos beneficiarios do Plan Banda Larga 2020 impulsado pola administración autonómica e estatal con fondos europeos. A Xunta vén de comunicar ao Concello que a través deste plan se están promovendo despregamentos de redes ultrarápidas de acceso a internet.

En Teo os núcleos beneficiados serán os seguintes: Cesar, Cornide, Folgueiras, Grela, Pite, Espasande, Ínsua, Regoufe, Rarís, Olveira, Pontevea, Ribeira, Campos e Vilariño. Noutros núcleos como Ameneiro, Balcaide, Casalonga, Fixó e Osebe tamén se están facendo actuacións que mellorarán a cobertura de rede.

Segundo indica a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia entre 2018 e 2020 a empresa Telefónica como receptora dunha subvención da Xunta, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), despregará redes ultrarrápidas nos citados núcleos que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica.

O Concello valora positivamente que se vaia poder dar este servizo en aldeas que neste momento non teñen opción de dispor dun bo servizo de acceso a internet. E amosa total colaboración de cara a facilitar estes despregamentos de rede.

ordenador