O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello valora positivamente a xuntanza coa Xunta pola planta da Casalonga

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e os representantes dos grupos municipais mantiveron onte unha xuntanza na Consellería de Medio Ambiente co equipo da Directora Xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira para falar do proxecto de instalación dunha planta de reciclaxe de residuos na zona da Casalonga. A valoración deste primeiro contacto é positiva porque permitiu establecer unha interlocución coa administración autonómica, encargada da tramitación da autorización ambiental integrada, á que ten que someterse o proxecto de Toysal.

No encontro estiveron presentes tamén representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, que engloba ao colectivo de persoas da zona máis afectada, e o Delegado Territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro. O rexedor teense destaca “a rapidez coa que a administración atendeu a nosa solicitude desta primeira xuntanza política e técnica e sobre todo a única voz amosada na xuntanza por parte dos grupos municipais e da plataforma”. Esta unidade de acción xa se veu tamén na moción aprobada por unanimidade no pleno do mes de maio no que se amosaba o apoio á veciñanza neste tema e se reclamaba que a lei do solo non permitira determinados usos en solo rústico.

Esta reunión permitiu falar do procedemento administrativo ao que nos enfrentamos e poder contar cunha canle de comunicación coa Xunta, o que garante ter información sobre o expediente e que non nos atopemos “con escenarios indesexables como pasou en Touro ou na Grixoa no que o período de exposición pública non foi suficientemente difundido”.

Nova asemblea informativa

O Concello continúa informando deste tema. Precisamente o luns 11 de xuño no Auditorio Municipal Constante Liste na Ramallosa ás 20:30 realizarase unha nova asemblea informativa.

 

 

canteira

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Informe sobre Proxecto Toysal.pdf 4.81 MB
proxecto toysal.pdf 11.16 MB