O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o Festeo e a Feira da Terra en Francos

O 10 de xuño celébrase na carballeira de Francos o Festeo e a Feira da Terra. O Festeo chega á terceira edición coa intención de consolidarse coma unha cita festiva para a veciñanza de Teo na que o traballo das asociacións culturais e deportivas ten moito peso. Tamén haberá actuacións como a de Pesdelan ou SES que pechará a xornada cun concerto ás 20:30 horas.

Máis información sobre o Festeo e a Feira da Terra premendo aquí

festeo
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento