O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícanse as listaxes provisionais das escolas infantís para o próximo curso

| compartir:

O Concello publica as listaxes provisionais de persoas admitidas e en listaxe de agarda para as escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa para o vindeiro curso 2018/19. Podes consultar as listaxes premendo aquí

Nas listaxes aparece o expediente de solicitude de praza identificado co número de rexistro de entrada no Concello. Dende hoxe ábrese un prazo de reclamacións a estas listaxes que remata o luns 14 de maio. Calquera reclamación debe presentarse no rexistro xeral do Concello a través dunha instancia que se acompañe de xustificación documental do que se alegue.

Calquera persoa pode consultar o seu expediente dirixíndose aos servizos sociais comunitarios en horario de 08:00 a 12:00 horas ou chamando ao teléfono 600.315.870.

Unha vez que as listaxes pasen a ser definitivas abrirase o prazo de matrícula que será do 1 ao 15 de xuño (ambos incluídos).

Máis información sobre esta convocatoria premendo aquí