O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, achegouse esta mañá ata as dependencias da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para manter un encontro coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, co fin de coñecer as posibles vías de colaboración mediante as distintas liñas de axudas que xestiona a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Así, a rexedora tamén lle trasladou as principais necesidades do concello de Teo, en materia sobre todo de eficiencia enerxética e mellora de infraestruturas, entre outros temas. Ambas as dúas acordaron manter novas xuntanzas para abordar ditas cuestións e poder materializar esta colaboración entre administracións.