O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os escolares dos Tilos visitaron o Concello

| compartir:

Esta mañá o Concello recibiu unha visita moi especial. Un grupo de escolares de sete e oito anos do CEIP dos Tilos visitaron as instalacións municipais. Esta actividade forma parte das actividades que se organizan dende a Concellería de Educación en colaboración cos centros escolares para que os/as nenos/as teense coñezan mellor o seu entorno e os centros administrativos locais.

Nada mais chegar foron recibidos polo alcalde, Rafa Sisto, no salón de plenos. Alí mantiveron unha animada conversa na que o rexedor lles explicou que era o Concello ou os cometidos principais da administración local e eles e elas expuxeron algunhas das súas demandas, que mesmo traían por escrito. Esto serviu para que coñeceran unha das partes máis importantes do Concello, o rexistro xa que o propio alcalde os acompañou para que rexistraran as súas peticións. Entre as demandas da cativada destacou a necesidade de máis autobuses, zonas de carril bicis, parques ou melloras no cole.

A continuación estiveron no despacho da alcaldía para seguir visitando o resto dos departamentos municipais. Deste xeito visitaron outros despachos de concelleiros como o de Conchi García, responsable de Turismo, Transporte e Promoción Económica e outros departamentos como Urbanismo, Deportes, Secretaría ou Intervención. Unha das visitas que sempre lles chama máis a atención é a que fan á Policía Local ou ao Auditorio Municipal Constante Liste, onde está o auditorio e outros departamentos como o arquivo municipal, a aula de informática, os servizos sociais ou cultura.

A concelleira de Educación, Pilar Faxil, e persoal técnico do seu departamento acompañou ao grupo na súa visita.

visita nenos Tilos