O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Deputación publica o anuncio de levantamento de actas de expropiación na DP8202

| compartir:

O BOP do 13 de abril publica o anuncio de levantamento de actas previas á ocupación relativa á expropiación DP 8202 ampliación de plataforma e mellora de trazado da DP 8202 Galanas a Cacheiras. O acto de levantamento de actas será o 26 de abril do 2018 no Antigo Teleclub de Cacheiras (Travesía Cacheiras nº 50) de 16:30 a 17:00 horas.

A Deputación da Coruña vai realizar a mellora do trazado desa vía ao seu paso pola zona da igrexa e dentro da tramitación administrativa do expediente o 26 de abril farase o levantamento de actas para a expropiación. No citado anuncio convócase aos titulares de bens e dereitos afectados por esta obra para que nese día se proceda ao levantamento de actas para determinar os dereitos afectados podendo desprazarse ao lugar das fincas.

Consulta aquí o anuncio do BOP e a relación de propietarios

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentaba en maio do ano pasado no Concello de Teo o proxecto de ampliación da estrada e mellora do trazado da DP8202, que mellorará a seguridade viaria na zona Galanas a Cacheiras, concretamenta eliminará o trazado da zona da igrexa.

González Formoso, acompañado dos enxeñeiros do departamento de Vías e Obras da institución provincial, explicou os detalles do proxecto para a DP 8202, que consistirá na construción dunha nova variante en Cacheiras, entre os puntos quilométricos 3+000 e 4+240, que contará cun tramo de 1,2 quilómetros no que a estrada se dotará de 9 metros de ancho e que contribuirá a mellorar notablemente a seguridade vial na zona da igrexa e da escola infantil.

O alcalde de Teo agradeceu ao presidente da Deputación o seu interese por "unha cuestión fundamental para o municipio, como é a mellora das estradas" e subliñou que este era un proxecto "moi demandado pola corporación  local, debido á perigosidade dunha dobre curva existente na zona". A Deputación tratará de eliminar este punto negro a través da actuación presentada hoxe, cuxo orzamento inicial ascende a 316.336,52 euros.

teo