O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará unha proposta conxunta para darlle o nome de Juan Amado ao campo do Praíña

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 27 de febreiro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos temas principais será a proposta conxunta de todos os grupos para darlle o nome de Juan Amado ao campo municipal do Praíña, en Reis. Así mesmo debateranse mocións sobre a prolongación da autovía AG-59, as mobilizacións do 8 de marzo ou a situación das pensións. 

Orde do día

  1. Aprobación das actas das sesións do 18.12.17, do 27.12.17 e do 31.01.18.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 97/18 á 173/18)
  3. Moción do grupo municipal de SondeTeo-Anova, PP, Grupo Mixto e PSdeG-PSOE sobre o nome do campo de fútbol municipal de Reis.
  4. Ditame da moción do Grupo Mixto relativa á prolongación da autovía AG-59 e á adopción de medidas de seguridade viaria no núcleo de Pontevea.
  5. Ditame da moción conxunta dos grupos municipais SondeTeo-Anova, PSdeG-PSOE e Grupo Mixto sobre o apoio ás mobilizacións do 8 de marzo.
  6. Ditame da moción conxunta dos grupos municipais SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre a situación das pensións no estado español.
  7. Mocións.
  8. Rogos e preguntas.
Casa do Concello