O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ángel Barreiro Rodríguez

Angel Barreiro

Ángel Barreiro Rodríguez (1995)

Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente traballa no departamento financeiro dunha empresa privada. 

Secretario de Novas Xeracións do Partido Popular de Teo.

O terceiro tenente de alcalde, e membro da Xunta de Goberno Local, xestiona as áreas de Desenvolvemento Industrial, Economía Local e Parques e Xardíns.

Área encargada de: 

Dinamizar, poñer en valor e promocionar o emprego en Teo. Pilar fundamental para soster e equilibrar o mercado laboral. 

Promoción das empresas, do comercio local e inclusión de iniciativas de negocio. 

Inclusión de programas de dinamización, orientación e inserción laboral.