O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A reapertura da Casa Común de Francos contará coa testemuña do San Martiño pasados

| compartir:

Ernestina Paz, Josefina García, José Buján, Andrade e Delia Rivera teñen algo en común. Todos/as son grandes coñecedores da feira do San Martiño porque o viviron durante décadas. Son veciños e veciñas da carballeira e veñen de colaborar co Concello de Teo participando no vídeo "Os San Martiños pasados", que pretende manter a memoria inmaterial desta feira que está documentada dende o 1557. 

O vídeo poderase ver este sábado 2 de decembro no acto de reapertura da Casa Común de Francos. O acto público comeza ás 20:00 horas e contará tamén coa actuación do dúo musical Falua, composto por Sara de Sousa e Gonzalo Goás.

Os/as participantes no vídeo contannos durante case vinte minutos as lembranzas dos San Martiños vividos, como era a distribución da feira, como cambiou a carballeira, como chegaba a xente dende Santiago e de toda a comarca...

San Martiños pasados