O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aspamite presenta a obra "Estación de autobuses" no Auditorio de Galicia

| compartir:

O Auditorio de Galicia acollerá o próximo domingo, día 19 de novembro, ás 18.00 h, unha representación teatral a cargo da Compañía de Teatro ASPAMITE, formada con persoas con diversidade funcional. Nesta ocasión, o grupo de Aspamite, asociación sen ánimo de lucro, que leva un longo percorrido utilizando as artes escénicas como medio de integración e rehabilitación terapéutica, presenta dúas actuacións:

“Estación de autobuses”, unha adaptación da obra de Socorro Tajes Fernández  interpretada por 15 usuarios do centro Aspamite, que se soben ao escenario durante 25 minutos, sen apoio, poñendo en práctica todos os seus recursos artísticos e capacidades. Esta peza teatral acompañarase dunha proxección audiovisual, na que participan todos os usuarios do centro, 25 en total.

Sinopse

A escena ten lugar nunha “estación de autobuses do futuro” onde as personaxes están sometidas a estritas e absurdas normas de comportamento como non sorrir, non sentir, non cantar, non escoitar música….. De feito, a trama da obra é atopar a un viaxeiro que ten escondido un casete de música (elemento liberador, que vincula as personaxes coas emocións). As normas diríxense dende un altofalante. A obra pretende ser unha reflexión dos cambios a nivel relacional que vivimos nos últimos tempo;  destaca as consecuencias do uso abusivo das novas tecnoloxías e a obsesión por comunicarse a través do móbil en lugar de facelo de xeito persoal.

 

Soundpainting Teo”.

Soundpainting é o nome que lle deu o compositor e músico Walter Thompson no ano 1974 a esta técnica de improvisación multidisciplicar creada por él. Esta técnica está baseada nunha linguaxe universal de signos que coñecen todas as persoas e intérpretes e cos que se fai composición en directo. Esta orquesta de improvisación é un proxecto do Grupo de Teatro Chévere, compañía residente no Concello de Teo, que iniciou a súa colaboración con Aspamite en outubro de 2016. Xacobe Martínez Antelo, director do orquestra, plantexa esta colaboración co obxectivo de promover a integración social dos usuarios a través desta práctica escénica, que conta participación de distintos músicos, actores, actrices...

As entradas están á venda dende o luns, día 6 de novembro, ao prezo de 5 euros (Móbil administración: 629 322 601. Correo Electrónico: aspamite@aspamite.org).

Tamén contan cunha FILA CERO para as persoas que non poidan asistir ao estreno e queiran colaborar coa nosa asociación, facendo un donativo co concepto: “Fila Cero Teatro Solidario” no número de conta ES36  2080-0719-01-3040000363 de Abanca.

 

 

 

Aspamite