O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celebramos o día da árbore na Tomada

| compartir:

A Tomada é unha finca municipal ubicada na parroquia de Calo que forma parte dunha pequena rede de espazos naturais do Concello de Teo, o HabitaTEO que foron pensados con criterios ecolóxicos, é dicir, de todo o ecosistema.

Ao inicio do programa o espazo presentaba especies invasoras (fundamentalmente acacias e tradescantia), que hoxe en día están baixo control (se ben precisa de constante supervisión e intervención). Actualmente existe unha zona na Tomada de carballos de curta idade e pequeno porte e existe outra zona ampla de carballeira moi envellecida con algunha árbore caída que non superou o inverno.

As árbores vellas e as árbores caídas cumpren unha función vital no ecosistema porén dada a actividade forestal do monte en Teo, en Galicia, é moi raro acceder a bosques que teñen árbores antigas porque o modelo de producción forestal determina que nos montes haxa sempre especies en estado “xuvenil”.

Sen embargo, nos ocos das árbores vellas atopan refuxio e sitios para criar moitas especies de animais, maiormente insectos, mamíferos e aves. Algunhas das especies máis exclusivas das carballeiras dependen por completo das árbores vellas. Nas árbores caídas viven especies de fungos, plantas e insectos que se alimentan da madeira morta. Estas especies van cambiando conforme a madeira se vai descompoñendo. A importancia de espazos como a Tomada é fundamental para manter os ecosistemas naturais, que son espazos diversos onde existen moitos ciclos vitais acontecendo ao mesmo tempo.

Se queres saber máis sobre este tema e a realidade nos nosos montes o sábado 25 ás 12:00 faremos unha visita guiada na Tomada para celebrar o día da árbore. Podes inscribirte premendo aquí

Elimínanse invasoras do Xirimbao

A área recreativa do Xirimbao é unha das zonas máis visitadas en Teo. Como toda a ribeira do Ulla, está protexida pola directiva europea de Rede Natura 2000 dados os seus valores ecolóxicos. Porén a propia área recreativa supoñía a nivel ecolóxico unha interrupción dos hábitats que dan sentido a esta excepcionalidade, particularmente no referente ao bosque de ribeira, pois tiña unha enorme plantación de tuias a carón do río. No mes de febreiro fíxose unha tala das tuias existentes na parcela municipal (e instouse á Xunta de Galicia a facer o propio na súa parcela) e procedeuse tamén á renovación dun valado de madeira que impida o acceso directo á marxe do río dende o merendoiro.

O obxectivo é permitir a recuperación dos hábitats forestais naturais e a integración paisaxística do conxunto que permitan recuperar o valor natural polo que foi declarada rede Natura 2000.

tomada