O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O concello de Teo pregunta ás nenas, nenos e adolescentes sobre o cumprimento dos seus dereitos

| compartir:

O programa Cidades Amigas da Infancia púxose en marcha en España no ano 2001 contando co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Instituto Universitario UAM-UNICEF de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e UNICEF Comité Español.

No ano 2018 o concello de Teo obtiña a distinción de UNICEF como Cidade Amiga da Infancia. A través deste recoñecemento UNICEF destaca aos gobernos locais comprometidos cos seguintes obxectivos que recollen os dereitos contidos na Convención sobre os Dereitos da Infancia:

1. Cada neno, nena e adolescente é valorado, respectado e tratado xustamente dentro das súas comunidades.

2. As voces, necesidades e prioridades de cada neno e nena escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afectan.

3. Todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade.

4. Todos os nenos e nenas viven en contornas seguras e limpas.

5. Todos os nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar da vida familiar, o xogo e o lecer.

Para alcanzar o cumprimento destes dereitos ponse en marcha o I Plan Local de Infancia e Adolescencia 2018-2022, un documento no que se recollen medidas e liñas de acción e que na actualidade é preciso avaliar co fin de seguir avanzando en melloras para que o noso concello continúe a facer política local baseada nun enfoque de dereitos da infancia.

Para iso, animamos a toda a infancia e mocidade de entre 8 a 18 anos para que opine sobre o grao de cumprimento dos seus dereitos e así poder elaborar o II Plan de infancia e adolescencia para os vindeiros 4 anos.

Podedes cumprimentar o cuestionario premendo aquí

 

fopia