O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello convoca unha reunión coa hostelería local

| compartir:

A concellaría de Turismo e Promoción Económica, Conchi García, convocou ao sector hosteleiro do Concello para poder valorar as necesidades do sector e estudar novas estratexias que poidan axudar a dinamizalo. A responsable da área destaca positivamente a participación neste encontro e a receptividade atopada entre os participantes.

Na xuntanzan estiveron tamén presentes o axente de emprego e desenvolvemento local e a técnica de turismo do Concello. Entre os temas dos que se falou destaca a necesidade de crear unha asociación de empresarios da hostelería local así como planificar algún evento relacionado coa gastronomía.

Acordouse seguir traballando nestas liñas e volver a reunirse en setembro para concretar xa accións con datas e programas específicos. 

Imaxe da reunión coa hostelería