O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Remata o proceso de elección do logo coa participación de máis de 300 persoas

| compartir:

A cidadanía de Teo xa decidiu o logo co que queren que se identifique o Concello. O venres 30 de xuño remataba o primeiro proceso de participación cidadá na plataforma Somos Teo cunha participación de máis de 300 persoas. Segundo explica o concelleiro de participación cidadá, Ignacio Iglesias, "estamos satisfeitos da participación e da implicación da xente na toma de decisións sobre cuestións municipais".

O elixido foi o logo 2 que se presentaba como un logo de 3.000 anos para 3.000 anos. No dossier desta proposta explícase que traballaron coas diferentes imaxes dos petróglifos de Teo ata dar cun cunha delas un cervo, na que se ve un T. A partir daí traballaron a imaxe ata que na mesma se lee Teo. Os autores descríbeno como "actual, sinxelo, esquemático e recoñecible, de aire clásico e perdurable". O imagotipo final, o conxunto da imaxe e o nome Concello de Teo recolle as letras en Exo en regular co Teo final en bold.

Dende agora o estudo gañador terá que facer o desenvolvemento do manual de imaxe corporativo do Concello de Teo no que se establecerá como se debe usar o logo para diferentes aplicacións ou soportes.

Votación

O proceso de votación deste debate estivo aberto dende o 4 de maio ata o 30 de xuño e votaron 301 persoas. Había tres propostas. O gañador obtivo o apoio de 167 persoas, o segundo máis votado apoiárono 123 e o que quedou en último posto contou con 11 votos. É destacable que durante estas semanas houbo na plataforma Somos Teo numerosas aportacións sobre os logos ou sobre o propio proceso de participación, algo que enriqueceu no debate.

Novo debate

Neste momento a plataforma xa ten un novo debate aberta para decidir o mellor xeito de acceder ás actividades municipais cando as solicitudes superan o número de prazas. Este estará aberto ata o 31 de xullo e neste momento xa votaron 29 persoas.

Para participar na plataforma hai que ter máis de dezaseis anos e estar empadroado en Teo. De feito cando se tramita a alta por primeira vez hai que agardar unha validación xa que se debe comprobar a presenza no padrón de habitantes. Unha vez realizado esta primeira xestión a participación é máis áxil e sinxela. Somos Teo sirve para presentar debates sobre diferentes temas con ou sen votación e tamén para facer preguntas, queixas ou suxestións.

 

 

Logotipo 2