O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aviso legal

1.- INTRODUCIÓN

O Concello de Teo ( en diante, a Organización),  con CIF P1508300I, é titular do portal https://www.teo.gal .

A través do presente, a Organización informa das Condicións e Termos Xerais que regulan o acceso, navegación e uso do portal da internet, así como a sede electrónica. En particular, informa e regula o acceso e uso do portal da internet, como punto de acceso electrónico e da sede electrónica, como dirección electrónica, postas ao dispor da cidadanía, de conformidade cos artigo 38 e 39 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

A Organización poderá, en todo momento e sen aviso previo/previo aviso, modificar as Condicións e Termos Xerais de Uso, así como, no seu caso, as Condicións Particulares que se establecesen. É por isto que se recomenda que antes de iniciar a navegación, lea atentamente o presente 'Aviso Legal'.

2. CARÁCTER DA INFORMACIÓN PUBLICADA NO PORTAL OU SITIO WEB

As informacións ofrecidas mediante este medio teñen exclusivamente carácter ilustrativo e non orixinan dereitos nin expectativas de dereitos, e non se fai responsable dos contidos accesibles mediante ligazóns ou documentos existentes noutros dominios.

A Organización procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos tan pronto como os detecta. Con todo, a Organización non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado.

A información contida no portal ou a sede electrónica pode ser modificada e actualizada pola Organización, sen necesidade de aviso previo, tanto no relativo ao seu contido como ao seu deseño e presentación. Con carácter xeral, a información dispoñible no portal ten que ser entendida como unha guía sen propósito de validez legal.

A información administrativa facilitada a través do mesmo non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións xerais e dos actos que teñan que ser publicados formalmente nos diarios ou boletíns oficiais das administracións públicas. No caso de calquera discrepancia entre a versión de documentos e información obtida neste sitio web e a versión considerada oficial, a versión oficial das administracións é a única legalmente válida

3. CONDICIÓNS E TERMOS XERAIS

Polo acceso e navegación polo portal da internet da Organización e/ou pola utilización dos servizos incluídos no mesmo, vostede adquire a condición de usuario, sen reservas de ningunha clase, a todas e cada unha das presentes Condicións e Termos Xerais de Uso, e das Condicións Particulares que no seu caso regulan a prestación dos servizos que se dispuxesen no portal ou sitio web, sen prexuízo da atención e cumprimento por parte do usuario das condicións fixadas e previstas polos sitios web ligados dende https://www.teo.gal, das cales non responde a Organización.

En todo caso, o usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que a Organización ofrece a través do portal ou sede electrónica; e, con carácter enunciativo, pero non limitativo:

  1. Non incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
  2. Non introducir, almacenar ou difundir en ou desde o portal, calquera información ou material que, explícita ou implicitamente, fóra difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, de apoloxía do terrorismo, pornográfico ou incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, con especial atención á honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e, en xeral, contra os dereitos humanos.
  3. Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade doutros na utilización do portal ou na utilización de calquera dos servizos dispostos, incluíndo a utilización no seu caso de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma. En consecuencia, o usuario non poderá tentar acceder e, no seu caso, utilizar as claves doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.
  4. Non introducir, almacenar ou difundir mediante o portal ou sede electrónica ningún programa de computador, datos, virus, código, equipo de hardware ou de telecomunicacións ou calquera outro instrumento ou dispositivo electrónico ou físico que sexa susceptible de causar danos no portal, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes da Organización ou, en xeral, de calquera terceiro, ou que de calquera outro xeito sexa capaz de causarlles calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento dos mesmos.
  5. Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos da Organización ou calquera terceiros.
  6. Non introducir, almacenar ou difundir mediante o portal ou a sede electrónica calquera contido que infrinxa dereitos de propiedade intelectual, industrial ou segredos empresariais de terceiros, nin en xeral ningún contido do cal non ostentase, de conformidade coa lei, o dereito para poñelo ao dispor dun terceiro.
  7. Non utilizar os servizos ofrecidos no portal ou sede electrónica co obxectivo de promocionar empresas e servizos externos, outras páxinas web e facer campañas de publicidade ou comerciais, nin para actuar en beneficio de persoas xurídicas.

En caso de contravir as condicións anteriores, a Organización resérvase a facultade e estará lexitimada para bloquear, suspender ou cancelar, de forma inmediata e sen aviso previo, o acceso e uso do portal ou sede electrónica e, no seu caso, para retirar os contidos presunta ou declaradamente ilegais, xa o realice ao seu exclusivo criterio e a pedimento de terceiro afectado ou de autoridade competente..