Tomamos parte: mulleres en acción de Teo

Tomamos parte. Mulleres en acción de Teo

Nesta actividade as mulleres de Teo poderán compartir as súas experiencias e promover o valor propio e a súa autonomía. Xerarase un espazo de confianza e apoio mutuo no que ser protagonistas, crear e transformar(se) para transformar o que nos rodea. As participantes deseñarán unha acción conxunta, froito das achegas de cada unha e do grupo. As mulleres temos moito que dicir e no que contribuír e “As mulleres falamos e actuamos” ofrece o espazo para iso. Presenta a oportunidade de aprender, participar, crear, apoderar e transformar de maneira conxunta.

O obradoiro comeza o vindeiro xoves 19 de maio e logo será os lúns dende o 23 de maio ata o 20 xuño na biblioteca dos Tilos en horario de 18:00 a 20:00. Haberá servizo de canguraxe previa solicitude do mesmo.

Data e hora
Localización
Biblioteca dos Tilos
Prazas dispoñibles
1
Prazas por persoa
2