Escola ecoloxista para unha festa do San Martiño máis ecolóxica

escola ecoloxista

Mocidade organiza unha nova sesión da Escola ecoloxista para organizar unha brigada verde!. A xornada deste mes será o sábado 16 de outubro ás 18:30 hora na Casa Común de Rarís. A acividade está dirixida a rapazada de 10 a 18 anos as persoas participantes farán traballo e xogo grupal para idear unha Festa do San Martiño máis ecolóxica. 

A escola ecoloxista é de balde e normalmente realízase un sábado ao mes. Para anotarse hai que enviar un correo electrónico a mocidade@teo.gal