O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Solicitude de NOVA ADMISIÓN nas Escolas Infantís Municipais

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Mañá venres, 1 de marzo, ábrese o período para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais de Teo para o vindeiro curso 2024-2025. 

Así, entre o 1 e o 15 de marzo ábrese o prazo para RENOVAR praza para os/as nenos/as que xa están asistindo a algunha das escolas -Calo, A Ramallosa e Os Tilos- e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Os impresos para renovar entregaranse nas escolas, aínda que tamén se poden descargar na páxina web municipal. En calquera caso, deberanse presentar por rexistro ou a través da sede electrónica dentro do prazo sinalado.

No caso de novas solicitudes, o prazo establecido é entre o 16 e o 31 de marzo para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou cuxa data prevista de nacemento sexa anterior ao 1 de xuño. 

Para ambos casos, os impresos de solicitude poden recollerse nas tres escolas, nos servizos sociais, na web municipal ou no propio Rexistro do Concello. Para presentar os ditos formularios poderase facer en calquera rexistro ou a través da sede electrónica do Concello.

Xornadas de portas abertas

Así mesmo, na primeira semana de marzo terán lugar as xornadas informativas de portas abertas en cada unha das escolas infantís municipais. O luns, 4 de marzo, ás 20.00 horas será na EIM de Calo; o mércores, 6, ás 18.00 horas na EIM dos Tilos e, finalmente, o xoves 7 de marzo ás 20.30 horas na EIM da Ramallosa. 

Para calquera outra información adicional sobre o proceso, os interesados poden chamar ao teléfono 881 819 356, de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico eimteo@teo.gal.