Preséntase o libro sobre a Batalla de Cacheiras de Guillermo G. Raviña

libro batalla

O domingo 29 de xaneiro preséntase o libro A casa reitoral de Baamonde e a Batalla de Cacheiras do mestre Guillermo González Raviña. No mesmo acto tamén se inaugura a exposición de pintura sobre o mesmo tema, A Batalla de Cacheiras, que se poderá ver no Auditorio Municipal Constante Liste, ata o 10 de marzo. 

O acto do día 29 comeza ás 17:00 horas e para asistir é preciso reservar entrada no formulario en liña. Contaremos co autor que nos fará unha explicación da obra e tamén comentará as obras pictóricas da mostra. 

Data e hora
Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Prazas dispoñibles
6
Prazas por persoa
2