O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A. ESTABILIZACIÓN.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publicación no BOP número 228 da Resolución da Alcaldía 804/2023, de 29 de xuño, resolveu a contratación como persoal laboral fixo de Roberto Rielo Iglesias, con DNI núm. ***3625**, para ocupar a praza de normalizador lingüístico, subgrupo A 1, correspondente ao proceso extraordinario de estabilización (Lei 20/2021, de 28 de decembro).

 

Resolución da Alcaldía n.º 804/2023, de 29 de xuño, do Concello de Teo, de contratación de persoal laboral fixo, para a praza de normalizador lingüístico.
 

Rematado o procedemento incluído no marco do proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do disposto nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pertencente á OEP 2022, a Resolución da Alcaldía n.º 804/2023, de 29 de xuño, do Concello de Teo, resolveu a contratación de Roberto Rielo Iglesias, provista de DNI núm. ***3625**, como persoal laboral fixo, para a praza de normalizador lingüístico.

Publicado en teo.gal o 30 de xuño de 2023.

REQUERIMENTO DOCUMENTACIÓN PARA NOMEAMENTO E APROBACIÓN DA BOLSA

Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal de contratación de Roberto Rielo Iglesias, provista de DNI nº ***3625**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de normalizador lingüístico, grupo A1.

Consulta aquí a resolución completa. 

Requíreselle ao candidato que presente a documentación conforme ao previsto nas Bases. 

Apróbase a creación da bolsa de emprego de animador/a deportivo/a coa relación de aspirantes que podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 23/06/2023.

 

ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE NORMALIZADOR/A LINGüÍSTICO/A. PERSOAL LABORAL FIXO.

O tribunal publica o resulado da baremación das persoas aspirantes do proceso selectivo de normalizador/a lingüístico.

Consulta aquí a acta do tribunal co resultado da baremación. 

Contra a baremación as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación.

De acorco coa base décima, elévase á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder ao nomeamento como animadora deportiva, persoal laboral fixa, grupo B, a Roberto Rielo Iglesias, con DNI ***3625*  por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo.

Así mesmo proponse á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas, ordenadas por orde descendente de puntuación. 

Publicado en teo.gal o 16/06/2023.

 

LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A. PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de normalizador/a lingüístico, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a lista definitiva 

No decreto de aprobación da lista definitiva tamén se nomea o tribunal cualificador. 

Convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 16 de xuño ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2023. 

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A. PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de normalizador/a lingüístico/a, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.

Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:

  • Presentarase a instancia empregando o modelo oficial publicado na páxina web e que podes descargar premendo aquí ou o publicado no Boletín Oficial da Provincia.
  • En  canto á relación de méritos, deberá presentarse a mesma nun documento indicando nome e apelidos da persoa aspirante, DNI e detallarase a documentación que se presentou ao respecto: cursos, contratos, tomas de posesión, vida laboral, etc.

Publicado en teo.gal o 24 de xaneiro de 2023.

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A. ESTABILIZACIÓN. 

Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro. 

BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de normalizador/a lingüístico/a, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A1, técnico superior. 

Consulta aquí o anuncio completo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de normalizador/a lingüístico/a. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado". 

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023. 

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso. 

Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022. 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A.

DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de normalizador/a lingüístico/a, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A1, técnico superior. 

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A.

O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO

O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase da praza de normalizador/a lingüístico/a, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A1, técnico superior. 

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022,de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.