O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas 

Ábrese un prazo, ata o 24 de xaneiro, para emendar as solicitudes das bolsas de ensino

| compartir:

O departamento de Educación vén de publicar a listaxe de solicitudes das bolsas de ensino e transporte que deben emendar documentación. O prazo para facelo está aberto dende o 11 ao 24 de xaneiro de 2023. As persoas que non acheguen a documentación solicitada en prazo perderán o dereito á axuda. 

A lista das solicitudes que deben corrixir ou achegar algún documento pódese consultar premendo aquí

Do total de 331 axudas presentadas, un 28% teñen que emendar e un 13% están excluídas por imcumprir algún dos requisitos das bases da convocatoria para ser beneficiarios/as da axuda. 

A achega da documentación hai que facela en prazo e por rexistro, ben por Sede electrónica ou nun rexistro físico. A Concellaría de Educación fai unha convocatoria anual de axudas ao ensino e ao transporte. As bolsas están destinadas a colaborar cos gastos de material escolar, instrumentos musicais, libros de texto e contidos dixitais. Estas subvencións teñen un orzamento de 35.000 euros e buscan apoiar a aquelas familias que teñen máis dificultades económicas. 

As axudas poden ir dende os 100 euros en infantil ata os 200 na educación universitaria. Unha vez rematado o prazo de emendas publicarase a listaxe definitiva de persoas con dereito á axuda, como paso previo ao seu pagamento. 

colexio

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
emenda bolsa ensino.pdf 253.45 KB