O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Eleccións a órganos colexiados das escolas infantís municipais

escola

Durante o mes de xaneiro celebraranse as eleccións a órganos colexiados das escolas infantís municipais.

No Consello Escolar elixiranse:

  • Representante de pais e nais, ou responsables legais (unha por escola)
  • Representante de persoal educativo (unha por escola)
  • Representante de persoal de servizos (unha para as tres escolas)


Na Comisión de Baremación:

  • Representante de pais e nais, ou responsables legais (unha por escola)


O proceso comezará o día 9 de xaneiro coa exposición pública dos censos e as votacións terán lugar o 30 deste mesmo mes. Está prevista a convocatoria dos órganos renovados entre o 1 e o 10 de febreiro.

A exposición de censos farase nas escolas e a presentación de reclamacións así como a presentación de candidaturas deberá facerse no rexistro xeral do concello.

Consulta aquí o decreto de convocatoria das eleccións.

Calendario electoral

  • 9 a 16 de xaneiro: período de exposición dos censos de electores nas EIM. Constitución da xunta electoral e proclamación por esta da composición das mesas electorais.

  • 17 de xaneiro: censo definitivo.

  • 17 a 20 de xaneiro: presentación de candidaturas.

  • 23 de xaneiro: listado provisional de candidaturas.

  • 23 e 24 de xaneiro: período de reclamacións do listado de candidaturas.

  • 25 de xaneiro: publicación do listado definitivo de candidaturas.

  • 26 e 27 de xaneiro: campaña electoral.

  • 30 de xaneiro: votación.

  • 31 de xaneiro: proclamación de candidatos/as electos/as.

  • 1 a 10 de febreiro: convocatoria dos órganos renovados.