O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Operario/a de redes. Estabilización

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. OPERARIO/A DE REDES. PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. OPERARIO/A DE REDES. 

PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO.

O BOE número 307 do 23 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

Consulta aquí o anuncio completo.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, por concurso-oposición, unha praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación  desta resolución no «Boletín Oficial do Estado». A publicación fíxose o 23 de decembro polo que o prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 26 de decembro de 2022 ao 23 de xaneiro de 2023.

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso selectivo.

Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2022.

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. OPERARIO/A DE REDES. 

O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. OPERARIO DE REDES. 

ANUNCIO NO BOP DO 5 DE DECEMBRO DE 2022.

O BOP número 230 do 5 de decembro de 2022 publica o anuncio das Bases xerais e específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase a praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1557/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais e específicas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro mediante o sistema de concurso – oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Consulta aquí as bases xerais e específicas da convocatoria.

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.