ADIADA Obradoiro: Encantada de coñecerme. Autocoñecemento e saúde sexual para mulleres

Obradoiro

SEDRA-Federación de Planificación Familiar (SEDRA-FPFE) é unha organización non gobernamental con delegación en Galicia que promove o dereito de todas as persoas a decidir libremente sobre a súa sexualidade e que traballa con proxectos de educación sexual integral, promoción de dereitos e da saúde sexual e reprodutiva, sempre desde a perspectiva de xénero. Defendemos o dereito de todas as persoas a decidir e exercer con autonomía a súa vida sexual e reprodutiva e desenvolvemos accións que favorezan o desenvolvemento integral das persoas e garantan o acceso a unha atención, educación e información en saúde sexual e reprodutiva públicas e de calidade.

Traballaremos o .concepto de sexualidade, saúde sexual e outras cuestións afíns, mitos relacionados co amor romántico e a creación de relacións positivas e saudables; O obradoiro terá lugar na biblioteca dos Tilos en 2 sesións o 26 de novembro e o 10 de decembro de 10:00 a 13:00. haberá servizo de canguraxe que terá que solicitarse previamente no correo cim@teo.gal

Data e hora
Localización
biblioteca dos Tilos
Prazas dispoñibles
3
Prazas por persoa
2