Apego: contacontos sensorial

sensorial

Contacontos sensorial, con Eduvía

Sábado, 26 de novembro,  ás 11.30 h na Biblioteca do Grilo, Cacheiras

Unha contada destinada a crianzas e familias con ganas de compartir unha experiencia feliz, da man das palabras, as emocións que acompañan as palabras, as cancións, a lectura, os libros... Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquieto, e á vez, ávido de experimentar, de gozar, xunto aos seus seres queridos.

Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. Prazas limitadas a 45 persoas, de balde con inscrición previa.

 

As prazas están esgotadas.

 

Data e hora
Localización
Biblioteca do Grilo, Cacheiras