O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Presentación do libro Os cadernos escolares da II República

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Preséntase no Auditorio Municipal Constante Liste o libro Os cadernos escolares da II República, dos autores Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias. O acto será o xoves 27 ás 19:30 horas e contará coa presenza dos autores, do editor Henrique Alvarellos, de Antón Costa da Nova Escola Galega e da concelleira María López. 

O libro é un estudo dos cadernos escolares do mestre de Teo Bernardo Mato dos anos 30 e analizados polos historiadores Miguel Paz e Víctor M. Santidrián. Esta edición inclúe a reprodución facsimilar de más de cen páxinas orixinais e un limiar de Antón Costa Rico. Os cadernos escolares da II República é un documento único sobre a pedagoxía galega nos anos da Segunda República. O mestre foi asasinado polos fascistas no ano 1936. 

libro

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego