O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ACONDICIONAMENTO ESPAZO DE LECER. PRAZA CIRCULAR DOS TILOS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Faise público que de acordo coa Resolución da Alcaldía de data 3 de agosto de 2016 pola que se aproba o expediente de contratación da obra denominada “ACONDICIONAMENTO ESPAZO DE LECER. PRAZA CIRCULAR DOS TILOS”, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

 

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

 

Vogais:

   -Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.

   -Mónica Lado Varela, interventora do Concello.

   -Ignacio soto González, arquitecto municipal.

   -Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

   -María Vázquez Rey, concelleira do grupo municipal do PP.

 

Secretaria:

A adxunta a secretaría do concello.

 

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez e a concelleira do grupo municipal do PP, por José Manuel Guerra Calvelo, concelleiro designado polo referido grupo. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 8 de setembro, ás 09:30 horas nas dependencias municipais.

 

A apertura do sobre C “Oferta económica” efectuarase o día 14 de setembro, ás 09:30 horas en acto público na Casa do Concello.

 

Publicado no Perfil do Contratante o día 1 de setembro de 2016

 

En data 3 de agosto aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración (factor prezo), da obra denominada “ACONDICIONAMENTO ESPAZO DE LECER. PRAZA CIRCULAR DOS TILOS” financiada con cargo ao PLAN DE ACCIÓN SOCIAL (PAS) 2015, aprobado pola Deputación Provincial, de acordo co seguinte cadro de características:

 

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

 

Obxecto do contrato: ACONDICIONAMENTO ESPAZO DE LECER. PRAZA CIRCULAR DOS TILOS

 

Expediente: O-7/16

 

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo)

 

Orzamento: 209.390,83€ (173.050,27€ de valor estimado do contrato e 36.340,56€ de IVE)

 

Clasificación: Non se esixe

 

Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: Grupo C, subgrupo 2, categoría c

 

Garantía provisional: Non se esixe

 

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

 

Prazo de execución: 4 meses

 

Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.teo.gal)

 

Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono: 981 815 700, Fax: 981 809 401

 

Teo, 3 de agosto de 2016

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP do 8 de agosto de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día.