O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ADQUISICIÓN DE BEN INMOBLE PARA A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE SAÚDE NA RAMALLOSA

ADQUISICIÓN DE BEN INMOBLE PARA CENTRO DE SAÚDE EN A RAMALLOSA A Mª JOSE LOUREIRO VALES (EXPED. 2022/C009/000001)

Publícase a resolución de adquisición de ben inmoble para Centro de Saúde na Ramallosa.

Na citada resolución, que podes consultar aquí, resólvese: 

  1. Adquirir a D.ª María José Loureiro Vales, con DNI ***7061**, 5.635 m2 da parcela 1861 do polígono 8 da concentración parcelaria de Cacheiras-Recesende (finca 34574), sita na Ramallosa, superficie que se corresponde coa parte da parcela clasificada como solo rústico de especial protección forestal (R-3), e cuxa innecesariedade de licenza de segregación foi declarada pola Xunta de Goberno Local na sesión de 4 de abril de 2022, polo importe de corenta e cinco mil seiscentos corenta e tres euros con cincuenta céntimos (45.643,50€).
  2. A parcela adquírese, de acordo co previsto na cláusula 9 do Prego de condicións, libre de cargas e gravames e ao corrente de todas as taxas, impostos e contribucións, tanto locais, estatais e/ou autonómicas, sen prexuízo do establecido na citada cláusula en relación a: Constitución dunha servidume de paso, conforme se recolle no presente. Dereito de D.ª Mª José Loureiro Vales á tala das especies arbóreas existentes na finca transmitida, aínda que esta se realice con posterioridade á escritura pública de compravenda, sempre que teña lugar antes do 31 de decembro de 2022 e, en todo caso, antes da posta a disposición da Consellería dos terreos para a construción do centro de saúde. Incorpórase á presente, como anexo, un plano no que se reflicte a servidume referida.
  3. Constituír unha servidume de paso de 4 metros de ancho no resto da parcela resultante da segregación da 1861, para o acceso á mesma, para todo tipo de vehículos, situada no extremo norte da finca segregada ao longo das extremas coas fincas 1869 e 1867, que será debidamente acondicionada polo Concello. Este dereito de servidume de paso eliminarase unha vez se desenvolva o Solo Urbanizable Non Delimitado (SUND-13) no que se enclava o resto da finca matriz.
  4. Formalizar a presente adquisición así como a servidume descrita en escritura pública de conformidade co previsto no Prego de condicións.
  5. De acordo co previsto no Regulamento de Bens das Entidades Locais, e na Lei 3/2003, de 3 de novembro, o ben deberá incorporarase ao Inventario municipal e inscribirse no Rexistro da Propiedade, no que se deberá facerse constar a servidume como carga ou gravame da finca sobre a que recae, a fin de que a mesma teña efectos fronte a terceiros, conforme á lexislación hipotecaria, ademais do dereito á tala de especies arbóreas recollido no presente.
  6. Notificar o presente aos interesados, e comunicarllo aos departamentos de Intervención e Tesourería municipais, dando conta ao Pleno do Concello na vindeira sesión ordinaria que celebre.

Publicado en teo.gal o 6 de setembro de 2022.

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE ADQUISICIÓN DE BEN INMOBLE PARA A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE SAÚDE NA RAMALLOSA. EXPED. 2022/C009/000001

Primeiro.- Aprobar o Prego de condicións, de 12 de agosto de 2022, que rexerán a adquisición directa polo Concello de Teo, mediante compravenda, de parte da parcela 1861 do polígono 8 da concentración parcelaria de Cacheiras-Recesende (finda 3574) sita na Ramallosa, polo prezo de corenta e cinco mil seiscentos corenta e tres euros con cincuenta céntimos (45.643,50 €).


Segundo.- Aprobar a taxación realizada polo arquitecto municipal, Ignacio Soto González, valorando a parcela no importe citado.
 

Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación e o gasto correspondente, con cargo á partida 933/681.00 do vixente orzamento municipal, por importe de corenta e cinco mil seiscentos corenta e tres euros con cincuenta céntimos ( (45.643,50 €), segundo a
valoración técnica que obra no expediente.
 

Cuarto.- Invitar á propietaria para ver se está interesada na adquisición e se acepta as condicións polas que se formalizará a mesma mediante compravenda.

Podes consultar o certificado da resolución premendo aquí.

Publicado en teo.gal o 19 de agosto de 2022