O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta teatralizada Per Caminho de Lampai. 10 de setembro.

Data e hora

Localización
Capela de Santa Ana
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Turismo propón rutas dramatizadas en Lampai coa compañía teatral Os Quinquilláns este verán. Esta actividade farase na ruta Per caminho de Lampai. Un percorrido circular de 5 km con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai).

Esta ruta ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo. Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.

A saída da actividade farase ás 10:00 horas. En setembro farase os sábados 10 e 17.

Para participar é preciso inscribirse neste espazo da web. 

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a turismo@teo.gal. Graciñas!
Trátase dun percorrido de 5Km, de pouca dificultade. Nese tramo haberá varias paradas teatralizadas que nas que poderedes sentar, beber ou
comer algo se vos apetecese, a bebida e comida deberedes traela (na ruta hai un lugar onde poderedes recargar). A meirande parte do trazado é na
sombra.
Traede calzado cómodo para camiñar no monte.
En Lampai non hai cobertura, se tivésedes algún problema intentade contactar no 619470751, teléfono do Concello que levará a vosa guía, Marga.
Lampai

Outros eventos por vir