O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta teatralizada Batalla de Cacheiras. 3 de setembro.

Data e hora

Localización
Reitoral de Bamonde
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Turismo e Os Quinquilláns ofrecen rutas dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras durante os meses de verán. A proposta será unha ruta dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto con case 9 quilómetros de percorrido. O actor e actriz farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontecemento histórico. 

Haberá bus de regreso para ir do alto de Montouto a Bamonde. Trátase dunha ruta de certa dificultade polo que está indicada para persoas adultas acostumadas a camiñar. 

En setembro esta ruta farase os sábados 3 e 24.

Para participar hai que incribirse neste espezo da web. 

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a turismo@teo.gal. Graciñas!
A ruta na que te acabas de inscribir ten un percorrido de 9 Km, con certa dificultade. Nese tramo haberá varias paradas teatralizadas que nas que poderedes sentar, beber ou
comer algo se vos apetecese, a bebida e comida deberedes traela.
Lembra vir con calzado cómodo para camiñar.
Bamonde

Outros eventos por vir