O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Ruta teatralizada ´Per caminho de Lampai´

Data e hora

Localización
Capela Santa Ana. Lampai.
Como chegar

Turismo propón unha ruta dramatizada en Lampai coa compañía teatral Os Quinquilláns. Esta actividade farase na ruta Per caminho de Lampai. Un percorrido circular de 5 km con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai).

Esta ruta ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo. Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.

A saída da actividade farase ás 10:00 horas. En xullo farase os sábados 9, 23 e 30. 

Para participar é preciso inscribirse premendo aquí

Lampai
Información PDF
Adjunto Tamaño
rutasteatralizadas_22.pdf 324.42 KB

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego