O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concerto da Gramola Gominola: O poder da Superlingua.

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
40
Inscribirse

Prazas por persoa
6

O domingo 22 de maio, ás 12:00 h, no Auditorio Constante Liste, cantaremos, bailaremos e rockearemos co grupo A Gramola Gominola, un grupo de música infantil que conta, na súa traxectoria, con tres discos de rock íntegramente en galego e tres espectáculos con cancións 100% orixinais tanto nas súas músicas como na literatura das mesmas.

A Superlingua é a canción que da nome a este espectáculo, un espectáculo no que lle dan o poder e o valor que merece a nosa lingua. Tanto que ate a converten nunha superheroína, ela é a Superligua!! Supelingua é moi antiga, sabia e poderosa. Ten forma de árbore, autóctona por suposto, e conta a canción que debemos regala e coidala entre todas e todos para que continúe a medrar e a dar froitos. Con ela podemos cantar, ler, rir, investigar, xogar, amar... Acaso hai algo que non poidas facer coa nosa Superlingua?

Para asisitir é necesario inscribirse no formulario en línea que hai neste mesmo espazo web.

Observacións
No caso de non poder asisitir pedimos que o comuniquen no enderezo electrónico entradascultura@teo,gal
Inscribirse
O poder da superligua

Outros eventos por vir