O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Asesoría medioambiental

O Concello conta dende xaneiro cunha asesoría en ecoloxía e sustentabilidade que funcionará os últimos martes de mes de 10 a 13 horas. Será na Aula de Informática, no Auditorio Municipal Constante Liste, e non é preciso reservar cita.

Neste mes de abril a atención será o martes 26. 

As funcións principais deste servizo, que será de balde para a veciñanza, serán asesorar, dar consello e informar sobre as seguintes cuestións: consumo sostible e responsable, medidas para favorecer á biodiversidade, medidas para reducir o noso impacto no medio natural e os valores naturais da contorna.

As persoas que non poidan achegarse de xeito presencial pero queiran facer algunha consulta poden chamar ao seguinte número: 619470751.

Máis información sobre este servizo premendo aquí

asesoría
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento