O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

PAVIMENTACIÓN, ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E ALUMEADO PÚBLICO EN VILELA E A IGREXA, RARÍS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

ADXUDICACIÓN: Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 05/12/2016 adxudicaouse o contrato para a execución das obras incluídas no POS 2016, denominadas "PAVIMENTACIÓN, ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E ALUMEADO PÚBLICO EN VILELA E A IGREXA, RARÍS" á empresa "EXCAVACIONES MIDÓN, S.L." con estrita suxeición aos pregos de cláusulas administrativas e á súa oferta, polo prezo de 204.942,37 €, IVE engadido (169.373,86 €, máis 35.568,51 € de IVE).

 

Fixouse o prazo de execución do contrato en 3 meses, contado a partir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

Publicouse no Perfil de Contratante o día 16 de decembro de 2016.

 

Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

 

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

 

Vogais:

  -Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.

  -Mónica Lado Varela, interventora do Concello.

  -Ignacio soto González, arquitecto municipal.

  -Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

  -María Vázquez Rey, concelleira do grupo municipal do PP.

 

Secretaria:

A adxunta a secretaría do concello.

 

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez e a concelleira do grupo municipal do PP, por José Manuel Guerra Calvelo, concelleiro designado polo referido grupo. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 4 de agosto, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

 

A apertura do sobre B “Oferta económica” efectuarase o día 9 de agosto, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.

 

Publicado no Perfil do Contratante o día 22 de xullo de 2016

 

 

En data 20 de xuño e 2016 a Xunta de Goberno Local acordou aprobar o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único cirterio de valoración (factor prezo), da obra de “Pavimentación, abastecemento, saneamento e alumeado público en Vilela e A Igrexa, Rarís”, incluída no POS 2016, de acordo co seguinte cadro de características:

Entidade adxudicadora: Concello de Teo.

Obxecto do contrato: pavimentación, abastecemento, saneamento e alumeado público en Vilela e A Igrexa, Rarís.

Expediente: o-5/16.

Procedemento de adxudicación: procedemento aberto, cun único crtiterio de valoración (factor prezo).

Orzamento: 332.159,44 € (274.511,94 € de valor estimado do contrato e 57.647,50 € de IVE).

Clasificación: non se esixe.

Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: grupo G, subgrupo 3, categoría a e Grupo E, subgrupo 1, categoría a

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído).

Prazo de execución: 3 meses.

Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o perfil de contratante (www.concellodeteo.com)

Proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia.

Maís información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono 981 815 700, Fax 981 809 401.

Teo, 28 de xuño de 2016.

O alcalde

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no BOP do 4 de xullo e 2016 e no Perfil do Contratanta o mesmo día.

Resolto:Resolto