O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

SERVIZO TEO MADRUGA

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

A mesa de contratación na súa reunión do 7 de decembro de 2016 acordou reunirse o próximo día 16 de decembro de 2016, fixando para as 12:00 horas do mesmo día a apertura dos sobres C "Proposición económica" en acto de carácter público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do contratante o día 7 de decembro de 2016

 

Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións, faise público que de acordo co prego de cláusulas administrativas, a mesa de contratación estará constituída do seguinte modo:

Presidente: D. Rafael C. Sisto Edreira, alcalde do Concello ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

  • D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello de Teo.
  • D.ª Mónica Lado Varela, interventora do Concello  Teo.
  • D.ª Consuelo Cajide Labandeira, directora do CIM do Concello de Teo.
  • D. Ignacio Iglesias Villar, concelleiro de benestar social e igualdade.
  • D.ª María Dolores Nariño Facal, concelleira designada polo grupo municipal do PP.

Secretaria: D.ª M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta a secretaría.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos por: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; a directora do CIM do concello pola coordinadora do departamento de benestar social, D.ª Berta Conde López; o concelleiro de benestar social e igualdade, pola concelleira de educación, D.ª Pilar Pérez Fagil; a concelleira do grupo municipal do PP, por D.ª María Vázquez Rey, concelleira designada polo mesmo grupo municipal e a secretaria da mesa por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos do concello.

Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura dos sobres A “Documentación” o día 7 de decembro de 2016, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura dos sobres B “Documentación técnica” efectuarase o día 13 de decembro de 2016, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil de contratante o día 25 de novembro de 2016.

 

 

En data 15 de novembro de 2016 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares  e de prescricións técnicas para a contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, do servizo “TEO MADRUGA”, de acordo co seguinte cadro de características:

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

Obxecto do contrato: Servizo “TEO MADRUGA”

Expediente: S-5/16

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, con varios criterios de valoración. Tramitación ordinaria

Orzamento máximo de licitación: 49.500,00€ anuais, IVE engadido (45.000,00€ máis 5.500,00€ de IVE)

Valor estimado do contrato: 180.000,00€

Duración do contrato: Tres(3) anos prorrogables por un (1) ano

Clasificación/Solvencia: Non se esixe clasificación. Os licitadores acreditarán a solvencia económica e técnica de acordo co establecido no Prego de Cláusulas administrativas

Garantía provisional: Non se esixe

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

Criterios de valoración:

  • Proposición económica: Ata un máximo de 25 ptos (valorarase de forma proporcional outorgando 25 ptos. Á oferta máis baixa)

 

  • Proxecto técnico: Ata un máximo de 25 ptos. (valorarase a organización do servizo e os medios materiais e persoais adscritos ao mesmo, de acordo co establecido co Prego de cláusulas administrativas)

Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

Proposicións: Poderase presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de nove a catorce horas, durante o prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da licitación no Boletín Oficial da Provincia.

Apertura de ofertas: Publicarase no Perfil de Contratante (www.teo.gal)

Publicidade: Será por conta do adxudicatario (anuncio BOP publicación urxente)

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo Teléfino 981 815 700 Fax: 981 809 401

Teo, 15 de novembro de 2016

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no BOP do 17 de novembro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día

Resolto:Resolto