Teo celebra o 25N cunha lectura de poemas

teo en negro

O 25 N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller debe ser unha xornada para a reflexión e a reivindicación. Dende a área de Igualdade traballouse nos días previos coa programación dunha obra de teatro e un obradoiro sobre igualdade. O xoves 25 ás 12:00 horas no Concello farase a lectura da declaración institucional e unha lectura de poemas. É un acto aberto á cidadanía. 

Este ano, no que Teo tamén participa na campaña En negro contra as violencias, quérese chamar a atención sobre as violencias cotiáns que moitas veces pasan desapercibidas.