O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Crónica dunha heterosexual insatisfeita

Dentro das actividades ó redor do 25 N teremos a obra Crónica dunha heterosexual insatisfeita o domingo 21 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Constate Liste.

A actividade é de balde pero para asistir hai que chamar ao 981975626 ou mandar un correo-e a cim@teo.gal  a partir do luns 8 de novembro.

Crónica dunha heterosexual insatisfeita é unha comedia unipersoal, e convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a “ser” da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer.

En tanto creación artística, a intención é poñer luz sobre iso que está oculto, conmover e xerar espazos para a reflexión coa contundente ferramenta do humor. Benvida a posibilidade de rir e repensarnos.

obra cim
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento